Tuesday 14 de May de 2024

Alternativa denuncia as inundacións no “Central Park” de Arteixo


Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia as inundacións que se producen no novo parque central de Arteixo, que apenas hai uns meses que se inaugurou e parte da zona axardinada e algunhas instalacións xa se atopan nun estado lamentable. Alternativa lamenta as présas do Goberno Municipal en inaugurar obras sen ningún tipo de seguimento e control, como consecuencia da proximidade das eleccións municipais.

“En Galicia aínda non empezou a chover de verdade e o magnífico “Central Park” que nos vendeu o Partido Popular, xa empezou a inundarse. Isto sucede cando chegan as présas porque se achegan as eleccións e o único interese e inaugurar obras como sexa. Por certo, unhas obras ás cales non se lles realiza o pertinente seguimento e control por parte do concello. Esperemos que cando empece a chover de verdade, o Central Park non se converta nun Aquapark” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Se algo quedo claro nestes últimos días onde caeron algunhas choivas, é que os traballos de drenaxe non se puideron realizaron correctamente, xa que se a estas alturas xa se producen tales inundacións, non nos queremos imaxinar como será en pleno inverno… Estamos a falar dunha obra que ascendeu á case un millón de euros e desde Alternativa dos Veciños non imos permitir que se xogue co diñeiro dos veciños e veciñas de Arteixo ” matiza Noelia Martínez.